

Programa Emega
O pasado 7 de novembro recibía a moi boa nova de que este ano serei beneficiaria do programa Emega, unha axuda dirixida ó fomento do emprendemento feminino en Galicia.
No meu caso, a participación no programa serve para financiar parte da iniciativa de reactivación do meu proxecto profesional e que consiste no traslado a un novo local que funcione como estudo, obradoiro e tenda. Esta proposta nace da necesidade de establecer un único espazo onde poder desenvolver as diferentes actividades que realizo: produción de taller en cerámica e serigrafía, proxectos ou tarefas gráficas dentro do ámbito da ilustración e arquitectura, impartir docencia e dispor dun lugar físico para exposición e venda.
Moi contenta e agradecida e plenamente consciente da importancia esencial que teñen os apoios económicos para poder financiar un empredemento e optar ó camiño ó autoemprego.


